ROTEIRO DE A ESMORGA

SAÍDA DIDÁCTICA:
Imos facer un roteiro pola cidade de Ourense, percorrendo os espazos polos que deambularon, mollados pola chuvia e polo viño, os tres esmorgantes aos que Blanco-Amor deu vida.
Este será o noso percorrido: ROTEIRO, trasladado a Google maps, seguindo os pasos do Roteiro elaborado pola Asociación Alexandre Bóveda.
Pero de nada valerá deternos en cada curruncho onde se agocharon aquela noite o Castizo, o Bocas e o Milhomes, se antes non lembrades a historia tráxica destes seres marxinais, ou se nada sabedes do autor que os creou nin da época en que foi enxendrada a primeira novela galega urbana e moderna.
Para encher os ocos da vosa fráxil memoria ou para facervos simplemente con datos que vos poidan axudar a desfrutar do que vexades, déixovos aquí tres presentacións: a primeira, sobre a obra; a segunda, sobre o autor; a terceira, sobre a época.
Ao final da páxina atoparedes outras fontes de información para que poidades satisfacer as vosas ansias de saber…


OUTROS ROTEIROS ELABORADOS POLO ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA SAÍDA…

Unha reflexión sobre “ROTEIRO DE A ESMORGA

  1. Pingback: Non se atopou a páxina | Aulas de Lingua e Literatura Galega

Os comentarios están pechados.